Infantil reciclando


Reciclar non só é unha responsabilidade das institucións ou dos grupos ambientalistas e ecoloxistas. É unha responsabilidade de todos nós. De  tí depende darlle outra vida aos envases que utilizas. É un pequeno xesto diario que coida a saúde do noso planeta. É tamén moi importante fomentar o hábito da reciclaxe a idades temperás, para que aprendan a respectar a natureza e sexan conscientes das vantaxes de vivir nun contorno limpo.

A reciclaxe salva os nosos recursos naturais, reduce a contaminación e xera empregos. Hai que continuar cos esforzos para reciclar todos os residuos útiles, como latas, botellas de plástico, frascos de vidro, papel e cartón. Diminuíndo, deste xeito, o consumo de petróleo, auga, emisións de CO2 e electricidade. É unha excelente maneira de reverter o cambio climático e evitar a xeración de toneladas de lixo.
É unha oportunidade para lembrar a Regra das tres erres: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Un consumo responsable para reducir o volume dos residuos xerados e minimizar a nosa pegada de carbono. Temos que:

• Reducir: Diminuír o consumo de produtos e embalaxes. Adquirir na cesta da compra só o que vaiamos consumir e evitar alimentos con moitas embalaxes.

• Reutilizar: Dar unha nova vida ás cousas que xa non nos serven, antes de tiralas ao lixo reciclalas. Botellas, bolsas e caixas de cartón ten varios usos. Podes utilizar bolsas de tea, que son máis cómodas.

• Reciclar: A maioría de materiais que utilizamos poden reciclarse. Isto depende das institucións e de nós mesmos.






Comentarios