Entradas

Infantil reciclando

Imagen
Reciclar non só é unha responsabilidade das institucións ou dos grupos ambientalistas e ecoloxistas. É unha responsabilidade de todos nós. De   tí depende darlle outra vida aos envases que utilizas. É un pequeno xesto diario que coida a saúde do noso planeta. É tamén moi importante fomentar o hábito da reciclaxe a idades temperás, para que aprendan a respectar a natureza e sexan conscientes das vantaxes de vivir nun contorno limpo. A reciclaxe salva os nosos recursos naturais, reduce a contaminación e xera empregos. Hai que continuar cos esforzos para reciclar todos os residuos útiles, como latas, botellas de plástico, frascos de vidro, papel e cartón. Diminuíndo, deste xeito, o consumo de petróleo, auga, emisións de CO 2 e electricidade. É unha excelente maneira de reverter o cambio climático e evitar a xeración de toneladas de lixo. É unha oportunidade para lembrar a Regra das tres erres: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Un consumo responsable para reducir o volume dos residu